Noticias y alertas

Presentación do libro [Enmarcadas] de Xandra Táboas

04/06/2024

📘 Este venres día 7 de xuño desde o Concello de Mondariz convidámos a todas as persoas interesadas, á presentación do XVII Premio La Nunca Poesía de Ediciones Oblícuas [ENMARCADAS], Xandra Táboas, acompañada por unha estatua viva de Rosalía de Castro.

Xandra Táboas Martínez (Vigo, Galiza. 1982): filóloga galega, crítica literaria e creadora multidisciplinar. De profesión, activista. De ansiedade, artista. E, así, pasa os días: entre o activismo colectivo e a expresión do eu en oscilación e osmose constante, habitando un mundo crebacabezas de imaxes desencaixadas e outras por encaixar.

“Os muros que nos encerra, as fronteiras que nos separa, os documentos que nos clasifica. A resistencia como último golpe de sorte antes da caída final, respirar como único refuxio ante a opresión. A danza das ninguén no medio da nada que afoga coma o peixe na peixeira chea de ar. E é que o mundo non é para as culleres que se acumula en bloque amontoadas contra a parede. Soñar outro mundo é posible, faise máis que necesario e urxente antes de que os valados de arame sexan de vez máis altos. Rompelo todo, deixar que caia todo, e volver comezar. E non deixar nunca de respirar.”

Un artefacto literario explosivo que tece citas, pensamento material-vibrátil, evocacións poéticas e as entrecortadas respiracións do silencio.

Agardámosvos o venres 7 de xuño, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal de Mondariz.

Ver menos

Fuente: Omix Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies