Noticias e alertas

Listado provisional de nenas e nenos admitidas/os e de agarda do programa "CONCILIA VERÁN 2024"

13/06/2024

📣 Informámos ás persoas interesadas que xa está publicado o listado provisional de nenos e nenas admitidos/as e de agarda da actividade de "CONCILIA VERÁN 2024".

Sentimos a demora na publicación pero foron moitas as solicitudes este ano.

Poderá consúltalo no seguinte enlace da sede electrónica do Concello. https://mondariz.sedelectronica.gal/board

Concederase un prazo de 2 días hábiles para subsanación de erros ou presentación de alegacións (13 e 14 de xuño).

A publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e da listaxe de agarda cos/as solicitantes excluídos/as, que seguirá a orde que resulte da baremación, farase ás 14.00 horas o luns 17 de xuño.

As persoas solicitantes que, tras obter praza desexen renunciar a ela, deberán comunicalo por teléfono aos números 986 664 306 – 680 964 461 ou por correo electrónico a omix@mondariz.gal antes do 19 de xuño.

Para máis información, pode chamar á Omix Mondariz aos teléfonos 986 66 43 06 ou 680 964 461 en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00h.

Fuente: Omix Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies