13/06/2024
🏛 O alcalde de Mondariz, Calis Montes, informa que o Concello vén de recibir o apoio da Consellería de Vivenda e Planificiación de Infraestruturas que subvencionará con 39.000€ a reactivación da actualización do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
O goberno de Mondariz desbloqueará así máis de vinte anos de parálise do plan xeral, un documento fundamental para o avance e organización das vilas. O PXOM é un instrumento básico no que se planifica o terreo mediante a clasificación do solo, o rexime urbanístico aplicable a cada solo e organiza os equipamentos e servizos municipais.
Nun encontro mantido en Santiago de Compostela, a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, e o alcalde coincidiron na necesidade de avanzar neste documento “que permitirá ampliar a oferta de solo para vivendas, espazos dotacionais, comerciais e de lecer, ademais de protexer o patrimonio natural e histórico”.
Calis Montes adianta que o Concello de Mondariz procederá o antes posible á contratación do servizo.
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies