17/06/2024
✔ O alcalde de Mondariz, Calis Montes, mantivo unha reunión co presidente da Confederación de Empresarios da provincia de Pontevedra, Jorge Cebreiro, para estudar a viabilidade dun parque empresarial na zona de Faxilde na estrada que une o centro urbano co Vilasobroso.
Alcalde e presidente coincidiron en salientar o importante impulso económico que suporía para a vila e acordaron traballar xuntos para avanzar na creación deste parque empresarial e atraer empresa. Xuntos avaliaron as posibilidades que ofrece Faxilde como as boas comunicacións por estrada e a proximidade ao acceso a vías principais. Calis Montes agradece o interese da Confederación que ofrecerá asesoramento ao Concello para que o parque empresarial sexa unha realidade.
“Faxilde é o emprazamento que a día de hoxe semella máis axeitado ao non ter afeccións sectoriais e estar ben comunicado”, salienta o alcalde que abre a vía do diálogo cos grupos da oposición para estudar futuras localizacións que non prexudiquen o futuro de Mondariz nin das súas veciñas e veciños.
A día de hoxe o solo industrial contemplado no Plan Xeral de Ordenación é A Lagoa, unha zona que acolle infraestruturas deportivas e de importante riqueza medioambiental polo que o goberno de Mondariz non a considera axeitada para desenvolver actividades empresariais.
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies