Noticias e alertas

Instalación de paneis para a sinalización interpretativa da vila de Mondariz

04/07/2024

🟢 O Concello de Mondariz, foi beneficiario dunha subvención por parte da Deputación de Pontevedra, para a Sinalización interpretativa da Vila de Mondariz a través da convocatoria das bases de subvencions para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2023, e cuios elementos interpretativos foron recentemente instalados.

Sobre a base de que a recuperación do patrimonio cultural e turístico é un dos sectores que poden fornecer unha oportunidade laboral no concello, un municipio rural da comarca do Condado especializado no sector primario e de servizos que posúe un importante patrimonio cultural de carácter etnográfico, arquitectónico e arqueolóxico, o Concello ven de instalar varios elementos para aproveitamento tanto da veciñanza como de visitantes e turistas.

As accións desenvolvidas polo Concello de Mondariz, materializadas con cargo a esta convocatoria, tratan de levar a cabo esta proposta de dinamización informativa entre o público xeral, proposta levada a cabo tendo a lingua galega como idioma preferente, ainda que a maiores a información está dispoñible en castelán e inglés.

Trátase da creación dunha ferramenta informática innovadora (App) que permite acceder á caracterización arquitectónica, artística e histórica mediante o escaneo dun código Bidi, así como o deseño e instalación de novos vinilos sobre os tótems dedicados ao patrimonio cultural do Concello existentes no adro da igrexa parroquial de Mondariz, e na Ponte Xabriña.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies