Noticias e alertas

Mondariz presentará en setembro ao Estado a relación de pagos pendentes

09/07/2024

🔹 O Concello de Mondariz informa á cidadanía que ante a débeda acumulada o Estado intervirá na xestión económica do Concello para dirixir o procedemento de pago a proveedores do ano 2024 . O alcalde de Mondariz, Calis Montes, sinala que este é un proceso que permitirá ir saldando a débeda do Concello. “Entrar neste procedemento axudará a acadar unha economía saneada e garante que as empresas que levan tempo agardando poidan cobrar”.

A Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos (CDGAE) obriga ao Concello de Mondariz, xunto con outros da provincia, a adherirse a este procedemento de pago a proveedores dirixido a aquelas entidades locais que inclumpliran o plazo máximo de pago a proveedores fixado na normativa vixente de loita contra a morosidade.

Explica o alcalde que agora “non vale lamentarse e buscar culpables, é unha situación à que se chega despois de moitos anos de atrasos e desequilibrio na economía municipal. O Estado farase cargo de pagar a proveedores e o Concello terá que ir pagando ao Estado ao longo de catorce anos”.

A concelleira de Facenda, Mónica Vázquez, explica que no mes de setembro o Concello ten que presentar a relación de pagos pendentes e se os proveedores están conformes con este procedemento poderán cobrar o pendente en outubro. A partir de aí o Concello de Mondariz terá que aprobar un plan de axuste no que planifique a economía do Concello nos vindeiros anos coa obrigatoriedade de reducir o gasto corrente e incrementar algunhas taxas e impostos municipais.

Aínda que no acordo da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos do 24 de xuño se indica como importe máximo financiable 1.664.549 euros, este dato foi tomado de remisións de información anteriores e actualmente a débeda a proveedores é menor.
“Haberá que ir devolvendo ese adianto que o Estado fará aos proveedores, por iso de aquí a setembro tentaremos que sexa o menor importe posible para que as medidas de reaxuste tamén sexan as menores posible”, engade o alcalde.

Calis Montes salienta que “cando chegamos sabíamos que teríamos que facer frente a débedas e que nos ía tocar gobernar unha vila cunha economía moi restrinxida, sabíamos que non ía ser doado e por este motivo seguiremos traballando na procura de convenios e apoios que fagan posible todos os proxectos que temos para Mondariz. Este é o xeito de que as pequenas e medianas empresas poidan cobrar así que faremos todo o posible para facilitar o traballo do Estado e hipotecar o menos posible a economía municipal”.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies