Noticias y alertas

Comida dos nosos maiores

17/07/2024

*Informamos a todas as persoas interesadas que teñan máis de 55 anos que, a partir do día 16 de xullo e ata o 26 de xullo ou ata esgotar as prazas, estará aberto o prazo de inscrición para anotarse para a "Comida dos Nosos Maiores" que despois de 4 anos volve a organizar o Concello de Mondariz, e que se realizará o sábado 27 de xullo na Praia Fluvial do Val.

O prezo é de 10€ e haberá animación musical a cargo de D.J. KOLA.

Daráselle preferencia ás persoas empadroadas en Mondariz.
As que non cumpran estes requisitos poderán inscribirse igualmente e quedarán nunha lista de reserva. No caso de que sobren prazas ao rematar o prazo de inscrición, avisaráselles para efectuar o pago.

Para máis información e inscricións só terán que pasar polo Departamento de Servizos Sociais do Concello. Teléfono de información: 986 65 60 58.

Fuente: Omix Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies