Noticias e alertas

“As Balconadas de Mondariz”

22/07/2024

O goberno de Mondariz lanza o seu proxecto “As Balconadas de Mondariz” para embelecer con flores os balcóns do centro urbano. “As Balconadas de Mondariz” nace coa finalidade de potenciar as casas de tipoloxía vilega construídas en pedra de cantaría, característica do século XIX, que reflicten a destreza dos canteiros galegos e a tradición arquitectónica da rexión, segundo explica o alcalde, Calis Montes. “Son precisamente estas edificacións as que permiten que Mondariz manteña un encanto especial, transportando aos visitantes a unha época pasada mentres camiñan polas súas rúas”.

O Concello entregou á propietarios dos edificios do centro urbano xardineiras exteriores de madeira que levan interiormente outras xardineiras de plástico para non deteriorar a madeira e van enganchadas cunhas ancoraxes a cada balcón. Tamén entregou plantas en flor. Estas xardineiras levan unha placa cos logotipos do Concello de Mondariz, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia que representan o traballo conxunto das tres administracións que investiron un total de 6068,97€.

Segundo adianta o alcalde, este proxecto nace para quedarse e multiplicarse e, pouco a pouco, ir embelecendo as rúas do centro urbano e crear non só un día a día máis amable para a cidadanía, tamén un atractivo para as personas que visitan Mondariz. O núcleo urbano de Mondariz é un exemplo destacado de vila galega que mantén a súa esencia histórica e arquitectónica. O desenvolvemento deste núcleo xira arredor da praza principal, que actúa como o corazón vibrante da comunidade. Esta praza é un punto de encontro para os veciños e visitantes, onde se realizan diversas actividades sociais, culturais e comerciais. A súa importancia radica non só na súa función
centralizadora, senón tamén na súa capacidade para conectar diferentes partes da vila e fomentar a interacción comunitaria.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies