Noticias y alertas

Mondariz abre a piscina municipal ao público

22/07/2024

O Concello de Mondariz a través do seu alcalde, Calis Montes Bugarín, informa que dende o xoves día 11 está aberta a piscina municipal acondicionada cunha achega da Deputación de Pontevedra de 42.272,96€ . A piscina municipal abre de martes a domingo, de 14:30 a 21:00 horas e conta con servizo de socorrista.

Logo de varios anos de abandono, o grupo de goberno encargou os traballos para reparar o vaso da piscina, mellorar os vestiarios, as zonas de lecer e a contorna. Dado o estado de abandono houbo que realizar traballos de demolición e movemento de terras, executar unha nova rede de abastecemento, reparar o grupo filtrante da sala de máquinas, arranxar o pavimento, pintar paredes exteriores e executar traballos de xardinaría.

“Ademais de arranxar todo o espazo e maquinaria estropeada, tamén se actualizaron os equipamentos”, explica Calis Montes, quen asegura que seguirá traballando na procura de alianzas que melloren os servizos públicos e a vida da cidadanía.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies