Noticias y alertas

Esta fin de semana vive a festa e a tradición en Mondariz

01/08/2024

👨‍🎨👩‍🎨 O Concello de Mondariz a través do seu alcalde, Calis Montes, convida a desfrutar da programación da trixésimo quinta edición da Feira dos Oficios Artesás. Os actos comezan coa lectura do pregón o venres día 2 a cargo de Álvaro M. Leiro, mestre cesteiro que fusiona o deseño contemporáneo con técnicas de producción ancestrais. O grupo de gaitas Castromao e Alba Faro actuarán para engalanar a lectura do pregón que irá seguida de dous días de actividades.

O sábado día 2 ás 11:00 horas abriranse os postos de artesanía e gastronómicos na praza de Mondariz. A partir desta mesma hora tamén poderemos gozar das demostracións de oficios artesás nos postos dos cesteiros, telleiros, ourives, zapateiros ou torneiros entre outros. A sesión vermú arrincará ás 13:00 horas amenizada por Pandereteiros de Traspés cos seus cantos de tradición oral acompañados de percusión. De 11:00 a 14:00 horas haberá un obradoiro participativo de Gyotaku aplicado a saquetas de tecido impartido polos artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera de Peixesapop que ensinarán esta técnica xaponesa de impresión. A feira fará un descanso de 14:00 a 18:00 horas que volverá con intervencións teatrais de artesás singulares e con graffitis en directo con Pablo Loyola. Ademais Peixesapop aprenderá aos máis cativos e cativas a técnica Gyotaku. Ás 22:30 horas actuarán as pandereteiras Guriñas de Castromao e a continuación concerto de Caamaño e Ameixeiras.

O domingo día 3 abrirán os postos artesáns de venda e demostracións a partir das 11:00 horas. Tamén haberá ao longo da mañá e ata as 14:00 horas obradoiro de Cianotipias no que aprender este proceso fotográfico empregando papel de acuarela e produtos químicos sensibles á luz. A música volve ás 12:00 horas coa asociación Castromao de Mondariz e ás 13:00 horas concerto do grupo musical Abril con melodías de raíz galegas e ibéricas. De 18:00 a 21:30 horas volverán os obradoiros gratuitos e ás 19:30 horas o XXXIII edición do Día da Muiñeira coa Asociación Folclórica Castromao de Mondariz e como grupo convidado A.C Barca de Loimil de Arbo. A feira pechará ás 21:30 horas.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies