12/06/2024
🤸♀️🏄♂️ O Concello de Mondariz organiza por primeira vez para os meses de xullo e agosto, un programa de actividades de aventura que se desenvolverá na Praia Fluvial do Val e a súa contorna. Este programa está dirixido a rapaces e rapazas de entre 12 a 16 anos.
O obxectivo do "Concilia Xove 2024" é que a mocidade de Mondariz goce do seu tempo de lecer dunha forma diferente á habitual durante as vacacións de verán, coñecendo novas amizades, descubrindo deportes refrescantes e aprendendo sobre a riqueza natural do entorno.
As actividades son moi variadas:
- Kaiak activo: actividades acuáticas con kaiak, paddle, pelotas e outros materiais.
- Ximcana de probas variadas.
- Orientación.
- Recoñecemento de rastro e pegadas.
- Limpeza do río en Kaiak
- Acampada nocturna (BUSHCRAFT: supervivencia)
O horario no que se desenvolverá o Concilia Xove 2024 será os martes e xoves de 10.30 a 13.30 horas, a excepción das acampadas (Buscraft), que terán un horaio de entrada ás 20.00 e saída as 13.30 horas. A actividade comezará o día 2 de xullo e rematará o 29 de agosto.
As prazas son limitadas!
O prazo de inscrición comeza o xoves 13 de xuño e remata ás 14.00 horas do martes 26 de xuño.
As inscricións poderán presentarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Mondariz en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, ou vía sede electrónica https://mondariz.sedelectronica.gal/board a través do formulario específico da actividade denominado "Inscrición Concilia Xove 2024", adxuntando a documentación correspondente.
Se queres consultar as bases podes facelo desde hoxe entrando neste enlace https://mondariz.sedelectronica.gal , tamén estará á vosa disposición a ficha de inscrición (ANEXO I).
Máis información:
Omix Mondariz de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
Teléfonos: 986 664 306 /680 964 461
Correo electrónico: omix@mondariz.gal
Fuente: Omix Mondariz
Más InformaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies