Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular)
Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.
Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na Lei 7/2022, de 8 de abril, así como os recipientes e envases que os contiveran.
aceite de cociña
No referente á xestión do aceite de cociña de procedencia domiciliaria, actualmente o concello de Mondariz conta con 7 contedores situados na vía pública. Todos eles atópanse na parroquia de Mondariz. A continuación figura unha táboa coas ubicacións de ditos contedores:
Recollida de Pilas
No referente á recollida de pilas, unicamente hai un contedor situado á entrada do supermercado Claudio situado na Rúa Ramón y Cajal, Nº 9
Recollida de Roupa
No referente á recollida de roupa, o concello de Mondariz conta con 3 contedores situados na vía pública. Todos eles atópanse na parroquia de Mondariz.
Recollida de Voluminosos
No referente á recollida de residuos voluminosos, o Concello de Mondariz ten establecida a recollida a domicilios particulares tódolos xoves entre as 8:00 e as 13:00. Para o desenrolo deste servizo, os veciños deben chamar previamente ao
Para o desenrolo deste servizo, os veciños deben chamar previamente ao concello (tlf. 986 664 306) e indicar o tipo de residuo que vai depositar, cantos bultos, os seus datos persoais e a dirección onde os vai depositar. A noite previa, o veciño deberá depositar ditos residuos a carón do colector de resto mais próximo á súa vivenda (no caso de vivendas en altura) ou ben na entrada da súa vivenda (no caso de vivendas de planta baixa).
Compostaxe Comunitarios
Cabe destacar que o concello de Mondariz conta tamén con 10 centros de compostaxe comunitarios para a xestión e tratamento in situ da fracción orgánica dos residuos urbanos.
Nestes centros, os veciños poden depositar o seus residuos orgánicos (restos de comida), previamente separados nos seus fogares, e os mestres composterios do concello realizarán as tarefas de Cod. Validación: 6W2EWHY4CNKWGRDTG5CG9HPZX | Corrección: https://mondariz.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 2 a 4 Concello de Mondariz mantemento necesarias obténdose un produto final, que é o compost, que é repartido posteriormente entre os veciños participantes en cada centro de compostaxe.
Para participar nos centros de compostaxe, os veciños deben solicitalo previamente ao concello a través do correo electrónico medioambiente@concellodemondariz.com.
Posteriormente, un dos mestres composterios concertará unha cita onde o informará de como debe participar nun centro de compostaxe e ademais recibirá un contedor específico de 10 litros de capacidade para que poida acumular nel, e depositar posteriormente no centro de compostaxe, os restos orgánicos dunha forma cómoda.
Na seguinte táboa figura a relación de centros de compostaxe comunitarios dispoñibles para uso veciñal:
Punto Limpo
Actualmente, o concello de Mondariz non conta cun punto limpo de titularidade municipal. O punto limpo utilizado polo concello de Mondariz é compartido, a través dun convenio, co concello de Mondariz Balneario.
(COORD. 42.221782, -8.480422), con horario de 9:00 a 14:00, tódolos xoves. O telefono de atención que teñen dispoñible é 986 656 136.
Aínda que o concello de Mondariz non dispón actualmente de punto limpo móbil, recentemente foinos concedida unha subvención (D.O.G. NÚM. 92, DO 13 DE MAIO DE 2020) para poñer en funcionamento unha rede de puntos limpos móbiles no concello de Mondariz, polo que no transcurso do ano 2021 este concello disporá de 3 puntos limpos móbiles.
Residuos Admisibles no do Punto Limpo
Vidro (iglú)
Papel (iglú)
Cartón (iglú)
Bricks, latas, envases
Madeira.
Metais: aluminio, ferro, cobre, aceiro inoxidable, etc
Electrodomésticos
Enseres, mobles, colchóns, somieres, caixas portas e marcos, etc
Escombros inertes de obra
Aceites vexetais de cociña e minerais dos coches
Baterías de coche
Pilas
Sprays / aerosoles
Radiografías
Tubos fluorescentes
Pinturas e disolventes
Residuos non admisibles:
Materiais sen clasificar
Materia orgánica
Zapatos e roupa
Residuos infecciosos, clínicos, biosanitarios ou citotóxicos.
Residuos radioactivos. (Pararraios…)
Residuos industriais de grandes e medianas empresas
Residuos agrícolas ou gandeiros
Residuos xerados por actividades mineiras ou extractivas
Productos procedentes de decomisados
Calquera outro residuo que non sexa facilmente identificable e clasificable na categoría de admisible
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies